VICTORIA DO XUVENIL A DOMICILIO

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu 4-6 contra A Estrada Futsal no partido celebrado na tarde do venres no Pavillón Municipal de M. Coto Ferreiro de A Estrada, correspondente á segunda xornada da Liga Galega Xuvenil.

Foi un partido moi disputado, con alternativas no marcador e no que os rapaces do Vilalba F.S. acadaron os primeiros 3 puntos da temporada logo da derrota na primeira xornada no Municipal de Vilalba.