VICTORIA DO XUVENIL ANTE O CAMPITO F.S.

V

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou por 5-6 ao Campito F.S. no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Chapela, correspondente á xornada 16 da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés dominou o primeiro tempo pero sen puntería, fallando claras ocasións e ata un penalti. No último minuto houbo catro goles, un para o equipo local e tres para o Vilalba F.S.  

Na segunda parte o arbitraxe foi o protagonista sufrindo o equipo vilalbés ata sete faltas e tres expulsións. A pesar das adversidades e de que o equipo local púxose 5-4 os rapaces vilalbeses conseguiron a remontada.

A destacar o bo comportamento de toda a expedición a pesar das circunstancias.