VICTORIA DO XUVENIL EN MOAÑA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu 2-7 ao Escola Futsal Morrazo no partido celebrado na tarde noite do domingo no Pavillón “O Rosal” de Moaña, correspondente á sétima xornada da Liga Galega Xuvenil.

Malia ir por debaixo no marcador na metade do primeiro tempo o equipo vilalbés foi moi superior ao seu rival e gañou con solvencia. No descanso xa gañaba por 1-2 e nos primeiros cinco minutos da segunda parte sentenciou o encontro. A goleada puido ser maior pero os xogadores vilalbeses erraron moitas e moi claras ocasións.

Con este resultado o equipo adestrado por Jose López e Miguel López, que está realizando unha sensacional tempada, continúa segundo clasificado por detrás do líder O Parrulo F.S.