VICTORIA DO XUVENIL EN POIO

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu 3-5 ao E.D. Poio Pescamar no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal “A Seca” de Poio, correspondente á xornada 23 da Liga Galega Xuvenil.

Nun bo comezo do primeiro tempo o equipo vilalbés adiantouse con tres goles chegando ao descanso cun amplio e cómodo resultado de 0-3.

Na segunda parte o equipo local recurtou diferencias e colocouse a un gol, pero en dous minutos o equipo vilalbés conseguiu dous goles sentenciando o encontro.

E.D. POIO PESCAMAR F.S.
Yago, Pablo, Arsenio, Cancela, Jose – cinco inicial – David, Javier, Ucha, Jonatán e Javier.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Lage, Alberto, Diego e Iker – cinco inicial – Prieto, Xosé e Hugo.

GOLES:
0-1 Lage. (Min. 2)
0-2 Diego. (Min. 8)
0-3 Iker. (Min. 11)
1-3 Yago. (Min. 24)
2-3 Yago. (Min. 27)
2-4 Lage. (Min. 33)
2-5 Lage. (Min. 35)
3-5 David. (Min. 37)

COMPARTIR