VICTORIA DO XUVENIL EN VIGO

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou por 3-5 ao Pecheches F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Colexio Apóstol de Vigo correspondente á xornada 14 da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés realizou un mal primeiro tempo e chegou ao descanso perdendo 2-1. Na segunda metade os xogadores vilalbeses reaccionaron e déronlle a volta ao marcador para rematar gañando cómodamente.

Con este resultado o equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. remata o ano na terceira posición e clasificado para xogar a Copa.