VICTORIA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., acadou unha nova victoria ante o Aceites Abril Ancora D’Ouro por 3-0 no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á terceira xornada da Liga Galega Xuvenil.

Partido gris do equipo vilalbés no que o mellor foi o resultado e sumar así a segunda victoria consecutiva.