O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 1-3 ao Cidade de Lugo F.S. no encontro correspondente á undécima xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo.
Notouse o parón navideño no equipo vilalbés que non fixo un bo partido, pero grazas á calidade das súas xogadoras conseguiu levarse os tres puntos da visita á cidade das murallas.
Con esta victoria o Vilalba F.S. sitúase líder da clasificación con dous puntos sobre o U.D. Pastoricense e cinco sobre o Lieders, próximo rival.
CIDADE DE LUGO F.S.
Silvia, Laura Vázquez, Alba, Laura Arias, Ana – cinco inicial – Cristina e Noelia.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Ana, Cayu, Sabela, Patri – cinco inicial – Cristina, Aisha, Méndez, Akira, Ainé, Carmela e Marta.
GOLES:
0-1 Marta. (Min. 13)
0-2 Sabela. (Min. 26)
1-2 Laura Vázquez. (Min. 27)
1-3 Patri. (Min. 30)