O domingo 15 de outubro pasará a historia do fútbol sala vilalbés porque o equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputou o primeiro partido nunha competición oficial e acadou a primeira victoria. O rival foi o Meigallos F.S. e celebrouse no Pavillón Municipal “O Chanto” de Sarria.
O nerviosismo inicial por parte das xogadoras que adestran Jose e Miguel e algunha imprecisión fixo que o equipo sarriano se adiantara no marcador aos 2 minutos do encontro, pero o equipo vilalbés non se veu abaixo e no minuto 5, Aisha estableceu o empate tras unha xogada individual. Con este gol as rapazas do equipo vilalbés asentáronse mellor na pista e antes do descanso, Aisha novamente, marcou e deulle a volta ao marcador.
Na segunda parte o Vilalba F.S. mellorou moito en defensa e nunha boa xogada colectiva, Sabela poñía o 1-3 que sería definitivo. Nos últimos minutos foron moitas as ocasións para ampliar o marcador pero non houbo fortuna de cara á portería contraria.
Con esta victoria o Vilalba F.S. sitúase nos primeiros postos da clasificación empatado a tres puntos co Burela FSF “B”, Lieders F.S.F. e o Pastoriza F.S.F.
MEIGALLOS F.S.
Lucía Somoza, Noelia, Lucía Gallego, Natalia e Laura – cinco inicial – Lucía Páez, Erika, Ainhoa, Carla, Naomi, Carmen e Marta
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tatiana, Aisha, Sabela, María e Marta – cinco inicial – Ana, Tania, Akira e Carmela.
GOLES:
1-0 Lucía Gallego. (Min. 2)
1-1 Aisha. (Min. 5)
1-2 Aisha. (Min. 17)
1-3 Sabela. (Min. 25)