VICTORIA PARA PECHAR A LIGA REGULAR

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu 5-1 ao Troula Betanzos F.S. no partido correspondente á derradeira xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Partido que serviu para dar minutos a xogadores que actuaron menos tempo ao longo da tempada ante un rival que se xogaba o cuarto posto e poder disputar os play off de ascenso. Malia empezar perdendo o equipo de Quini foi superior e acadou unha cómoda victoria.

Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. finaliza a liga como terceiro clasificado para a disputa das eliminatorias do play off de ascenso. O rival nos cuartos de final será o segundo clasificado do Grupo B aínda por coñecerse xa que a competición rematará a vindeira fin de semana. O que está seguro é que o partido de ida será no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do pai do xogador do Vilalba F.S. Diego “Coe” ao que os compañeiros quixeron adicarlle a victoria.

Ficha Técnica:

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Ismael (1), Antón (2), Mario, Aitor – cinco inicial – Tini, Chafa, Adrián, Nuno (1), Fede, Fariñas (1), Iker, Iván Gago e Diego

TROULA BETANZOS F.S.
Miguel, Alfonso A., Lorenzo (1), Carlos, Pablo – cinco inicial – Sergio, Alfonso, Marcos, Alfredo, Román, Brais e Juan José.