VICTORIA PARA PECHAR UNHA GRAN TEMPADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 6-4 ao F.C. Meigas no encontro correspondente á derradeira xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Partido de trámite para as xogadoras vilalbesas que acadaron unha nova victoria para pechar unha gran tempada nunha nova categoría e quedando nunha máis que meritoria sexta praza.

Recordar tamén que o Vilalba F.S. ao remate da primeira volta se clasificou para xogar a Copa Autonómica e que antes do inicio ligueiro acadou o título de Campión da I Copa Deputación de Lugo.

Parabéns!!!