VICTORIA POLA MÍNIMA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou pola mínima ao Concello de Begonte F.S no partido disputado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Deportes de Begonte correspondente á xornada 11 de liga da Autonómica feminina.

Partido igualado que se resolveu cun solitario tanto de Paulita nos últimos minutos do primeiro tempo.

O vindeiro domingo ás 13 horas o equipo vilalbés recibirá no Pavillón Municipal de Deportes ao Academia Red Blue 5 Coruña que lidera a competición.

Ficha Técnica:

CONCELLO DE BEGONTE F.S.
Alicia, Ainara, Noemí, Ruth, Sheila – cinco inicial – Nerea, Laura e Jennifer.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iria, Paulita (1), Marta, Carla, Aisha – cinco inicial – Noemí, Akira, Lara e Carlota.