VICTORIA SUFRIDA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. voltou á senda da victoria derrotando ao Talleres ABC I.E.S. Coruxo F.S. por 5 goles a 4, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante douscentos espectadores correspondente á decimosexta xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido presumíase igualado entre dous equipos situados na parte alta da clasificación. Os xogadores vilalbeses saíron moi concentrados ao encontro e aos 14 segundos Fran Pastor abriu o marcador. Nos tres primeiros minutos cun gran xogo e máxima efectividade Jose López en dúas accións ampliou o marcador. O propio xogador, mediada a primeira parte, logrou o terceiro gol na súa conta particular e o cuarto do equipo no que parecía sentenciar o encontro chegandose ao descanso co marcador de 4-0.

Na segunda parte o equipo local saíu algo relaxado e nun minuto o Coruxo conseguiu reducir diferencias no marcador facendo dous goles seguidos. Asier, que non faltou a súa cita habitual co gol, nunha contra, fixo o quinto gol. Pero mediada a segunda parte o Coruxo nun minuto conseguiu outros dous goles e levou ao nerviosismo ao equipo e aos siareiros locais. Nos últimos dez minutos o Vilalba F.S. volveu a meterse no partido e os dous equipos tiveron boas ocasións para facer máis goles aínda que o marcador xa non se moveu.

TALLERES ABC I.E.S. CORUXO F.S.
Javier, Bruno, Parra, Oli, Martín – cinco inicial – Josué, Naveira, Gus, Pablo, Samuel, Jorge e Manuel Antonio.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Paulo, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Tucho, Asier, Freire, Martín e Nuno.

GOLES:
1-0 Fran Pastor. (Min. 0)
2-0  Jose López. (Min. 1)
3-0  Jose López. (Min. 3)
4-0  Jose López. (Min. 12)
4-1  Parra. (Min. 21)
4-2  Parra. (Min. 22)
5-2  Asier. (Min. 25)
5-3  Bruno. (Min. 28)
5-4  Jorge. (Min. 29)