VICTORIA SUFRIDA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acadou unha victoria sufrida ao vencer ao Santiago Futsal “B” por tres goles a dous na xornada 18 de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés estivo moi espeso durante a primeira parte e aínda que dispuxo unha clarísima ocasión para adiantarse no marcador, por medio de Rubén Mouriz foi o equipo visitante o que logrou o 0-1 no minuto 18 co que se chegou ao descanso. Anteriormente o filial santiagués, que deu moi boa imaxe, dispuxo de dúas contras que desbaratou Iago con dúas grandes intervencións.

Na segunda parte o Vilalba F.S. meteu máis intensidade e mellorou bastante, froito deso nunha gran xogada entre Antón e Rubén Mouriz, este último conseguiu o empate e catro minutos máis tarde, en superioridade por mor da expulsión do porteiro visitante, Jose López, (en racha goleadora nos últimos partidos), deulle a volta ao marcador. Foron os mellores momentos dos xogadores vilalbeses que puideron sentenciar en varias xogadas. Pero faltando menos de dous minutos nun erro defensivo o Santiago Futsal “B” logrou o empate.

Xa no último minuto, o adestrador local Alfonso, arriesgou co porteiro xogador, e desta vez saiu cara, xa que Asier, o máximo goleador do equipo, faltando 40 segundos desfixo a igualada. De ahí ao final o filial intentouno pero a boa defensa vilalbesa fixo que o marcador non se moverá.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. ponse no cuarto posto da clasificación, a tres puntos do segundo clasificado. A próxima xornada visitará ao Academia Red Blue 5 Coruña.

SANTIAGO FUTSAL “B”
Yago, Alberto, Iago Macía, Miguel, Iago Fernández – cinco inicial – Pablo Seijas, Felipe, David, Antón, Pablo Martínez e Juan

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Antón, Tucho, Freire, Martín, Paulo e Nuno.

GOLES:
0-1  Pablo Seijas. (Min. 18)
1-1  Rubén Mouriz. (Min. 22)
2-1  Jose López. (Min. 26)
2-2  David. (Min. 38)
3-2  Asier. (Min. 39)