VICTORIA SUFRIDA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., nun partido gris, gañou por 4 goles a 2 ao Villa de Cee F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante trescentos espectadores, correspondente á décima xornada de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés nunha primeira parte frouxa adiantouse no marcador aos cinco minutos pero despois de moitas perdas de balón os visitantes en dúas contras conseguiron darlle a volta ao marcador antes do descanso.

A segunda parte cambiou e o equipo vilalbés foi mellorando co paso dos minutos, sendo mellor que o seu rival e remontando con tres goles, o segundo obra do xuvenil Antón.

VILLA DE CEE F.S.
Bruno, Angel, Pablo, Javier, Cristian – cinco inicial – Miguel Angel, Aitor e José Angel.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Martín, Fran Pastor e Freire – cinco inicial – Iago, Rubén Mouriz, Asier, Paulo, Nuno e Antón.

GOLES:
1-0  Fran Pastor. (Min. 5)
1-1  Javier. (Min. 6)
1-2  Angel. (Min. 16)
2-2  Antón. (Min. 31)
3-2  Jose López. (Min. 35)
4-2  Asier. (Min. 39)

Acto solidario: Os equipos do Villa de Cee F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. saíron á pista portando unha bandeira co lema “VILALBA EN NEGRO” sumándose á campaña do Concello de Vilalba con outros do resto de Galicia contra a violencia de xénero.

COMPARTIR