VII MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ

VII MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ

O venres 30 de agosto celebrouse o “VII Memorial Francisco Javier González Vázquez” no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Esta sétima edición celebrouse con outro formato, dous triangulares nos que no ámbito deportivo non houbo sorpresas.

No triangular xuvenil masculino, celebrado pola mañá, impúxose O Parrulo Ferrol que venceu con claridade ao Lugo Sala e ao Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que no primeiro partido remataron en empate.

No triangular femenino, celebrado pola tarde, impúxose A Fervenza F.S.F. que venceu ao Castro F.S.F. e ao Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. O primeiro encontro rematou cunha victoria clara do equipo do Castro F.S.F. sobre o anfitrión.

Xornada con gran ambiente no que tivemos unha nova oportunidade de homenaxear un ano máis a figura de Francisco Javier González Vázquez.