“VIII MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ”

O xoves 30 de decembro ás 20:30 horas celebrarase o “VIII Memorial Francisco Javier González Vázquez” no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Nesta oitava edición, (xa que o ano pasado non se puido celebrar pola pandemia da covid-19) o equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. terá un rival que milita na segunda división nacional como é A Fervenza F.S.F.

Será pois unha oportunidade de homenaxear de novo a figura de Francisco Javier González Vázquez.