O VILALBA F.S. CAEU CO LÍDER

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 1 gol a 6 ante o Sala Ourense, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante douscentos espectadores, correspondente á duoécima xornada de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés con numerosísimas baixas por lesión, saiu á pista moi concentrado e tivo un par de ocasións para adiantarse no marcador pero no minuto dous de partido nunha contra visitante, Areñas foi expulsado por darlle ao balón coa man fóra da área e ahí cambiou o partido. Tivo que saír Iago, o porteiro xuvenil, que debutou co primeiro equipo en partido oficial, e salvou cun par de paradas o tanto visitante no primeiro minuto de superioridade pero antes de recuperar a igualdade o equipo ourensán logrou abrir o marcador. A partir de ahí o equipo visitante xogou cómodo e logrou ampliar a vantexe con dous goles máis. A falta de cinco minutos para o descanso, Asier marcou un bonito gol que daba esperanzas aos siareiros locais, pero faltando 20 segundos para o descanso, o Ourense aproveitou un erro defensivo para anotar o cuarto gol e deixar moi tocado ao equipo vilalbés.

Na segunda parte os xoagadores vilalbeses intentaron recurtar o resultado pero co paso dos minutos sería o líder da competición o que ampliaría o marcador con dous tantos máis.

SALA OURENSE
Rubén, Tizón, Iván, Daniel, David – cinco inicial – Raúl, Martín, Diego, Alvaro, Sergio, Alejandro e Guerra.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Fran Pastor, Asier, Freire, Antón – cinco inicial – Iago, Diego, Martín, Paulo e Nuno.

GOLES:
0-1  Tizón. (Min. 4)
0-2  Daniel. (Min. 7)
0-3  Fran Pastor (p.p.). (Min. 10)
1-3  Asier. (Min. 15)
1-4  Diego. (Min. 19)
1-5  David. (Min. 31)
1-6  Diego. (Min. 39)

COMPARTIR