O VILALBA F.S. CAEU ELIMINADO NA COPA GALICIA

O Vilalba F.S. caeu eliminado polo Noia Portus Apostoli F.S. nos oitavos de final da XXVII Copa Galicia de Fútbol Sala. O partido celebrouse no Pavillón Municipal de Vilalba na noite do martes ante douscentos espectadores.

O equipo vilalbés cun ritmo, intensidade, presión e motivación poucas veces vistas realizou un extraordinario partido e puxo contra as cordas ao Noia Portus Apostoli F.S., un gran rival que acaba de ascender á Segunda División Nacional pero que o martes non demostrou ser superior, e como recoñeceu o seu adestrador, Julio Mougán, ao finalizar o encontro: “El resultado no ha sido nada justo porque el Villalba hizo muchos méritos para empatar el partido”.

Nos primeiros minutos de encontro os dous equipos tiveron ocasións para adiantarse, pero non foi ata o minuto 7 cando Kohei cun duro disparo puxo o 0-1 no marcador. O equipo vilalbés seguiu intentando lograr o empate pero malia a insistencia non o conseguiu, fundamentalmente pola boa actuación do meta Carlos.

Na segunda parte, o Vilalba F.S. saiu cunha presión asfixiante que fixo que o Noia estivera impreciso nos pases creándolle innumerables ocasións de gol que foron desbaratadas polo porteiro Carlos, o mellor xogador sen dúbida do equipo noiés. Así chegouse aos últimos minutos nos que nunha contra o Noia facía o segundo gol e deixaba a eliminatoria casi sentenciada. O equipo vilalbés intentouno co porteiro xogador pero o marcador xa non se movería.

A destacar a gran actuación de todos os integrantes do Vilalba F.S. e do gran ambiente vivido nas gradas durante todo o encontro.

FICHA TÉCNICA: 

NOIA PORTUS APOSTOLI F.S.
Carlos, Quique, Marci, Xuxa, Nene – cinco inicial – Zardoya, Isma, Alex, Pablo, Jorge, Quintela e Kohei.

VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Asier, Nuno, Fran Pastor – cinco inicial – Iago, Asier, Martín, Paulo, Diego, Roi e Antón.

ÁRBITROS: Borja Darriba, Adrián Figueroa, Eva Fernández. (Gran actuación).

 GOLES:
0-1  Kohei. (Min. 7)
0-2  Nene. (Min. 38)