O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. mereceu traer algo positivo da súa visita a Culleredo onde caeu por cinco goles a tres ante o Sport Sala Culleredo na novena xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Tarrío ante 40 espectadores, dos cales a metade eran vilalbeses.
Varios erros defensivos, xunto coa mala sorte en ataque, (catro disparos á madeira) e unha actuación arbitral caseira, fixeron que o equipo vilalbés non puidera puntuar ante un equipo que está a cinco puntos na clasificación.
O encontro empezou moi igualado con varias ocasións para cada equipo, ata que nun erro do equipo vilalbés o Culleredo púxose por diante. Faltando catro minutos para o descanso no saque dun córner o equipo local logrou o segundo gol. No último minuto do primeiro tempo Paulo e Martín puideron recortar diferencias pero os seus disparos acabaron estrelándose nos postes.
No primeiro minuto da segunda parte, nun saque de banda local que golpeou nun defensor o balón colouse na portería de Areñas establecendo o tres a cero. O Vilalba F.S. nunca baixou os brazos e Asier, dous minutos despois fixo o 3-1 que daba esperanzas ao equipo vilalbés, pero noutro erro defensivo o equipo coruñés fixo o cuarto gol. Os xogadores vilalbeses non se rendiron, tiveron outros dous tiros aos postes, e conseguiron o catro a dous cun disparo de lonxe de Jose López. Nos últimos minutos, co porteiro xogador á desesperada, houbo outro gol para cada equipo quedando o marcador no 5-3 definitivo.
A nota positiva foi á volta ás pistas de Rubén Mouriz despois da lesión sufrida en Outeiro de Rei. Pola contra, a parte negativa foi a lesión na rodilla do capitán Roi, mediada a primeira parte, que non puido continuar o encontro.
SPORT SALA CULLEREDO F.S.
Oscar, Brais, Fernando, Gonzalo, Víctor – cinco inicial – Miguel, Iago Socastro, Iván, Iago Mallo e Alejandro.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Asier, Fran Pastor, Nuno – cinco inicial – Rubén Mouriz, Prieto, Roi, Freire, Martín, Paulo e Antón.
GOLES:
1-0 Víctor. (Min. 7)
2-0 Oscar. (Min. 16)
3-0 Asier (p.p.) (Min. 20)
3-1 Asier. (Min. 22)
4-1 Iago (Min. 27)
4-2 Jose López (Min. 30)
5-2 Brais (Min. 38)
5-3 Asier (Min. 39)