O VILALBA F.S. MERECEU MÁIS EN OUTEIRO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. mereceu máis na súa visita a Outeiro de Rei onde caeu por seis goles a cinco ante o Santa Isabel na quinta xornada de liga da Terceira División Nacional.

O encontro tivo tres fases diferenciadas: a primeira, durante os dez primeiros minutos, onde o equipo vilalbés foi moi superior e acadou unha renda de tres goles puidendo facer algún tanto máis e deixar casi sentenciado o encontro. A segunda, nos restantes dez minutos do primeiro tempo e os primeiros cinco minutos do segundo, onde o equipo do Vilalba F.S. tivo varios erros defensivos e un gran Javi Río levou o marcador a un 5-3. E a terceira e definitiva, onde o equipo vilalbés xogou co porteiro xogador, e a pesar de recibir o sexto gol, logrou poñerse 6-5 no último minuto, tendo numerosas ocasións de gol para acadar un mellor resultado.

A derrota non foi o peor, si non a lesión de Rubén Mouriz faltando nove minutos, o cal non puido acabar o encontro.

SANTA ISABEL F.S.

Oscar, Diego, Javi Río, Fran, Adrián López – cinco inicial – Fabián, Alejandro, Rubén, Adrián Seijas, Adrián Cobas, Eric e Jairo

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.

Areñas, Jose López, Rubén Mouriz, Roi, Fran Pastor – cinco inicial – Iago, Asier, Freire, Martín, Paulo e Nuno.

GOLES:
0-1  Roi. (Min. 2)
0-2  Asier. (Min. 4)
0-3  Roi. (Min. 9)
1-3  Oscar. (Min. 11)
2-3  Jairo (Min. 12)
3-3  Javi Río (Min. 16)
4-3  Diego (Min. 22)
5-3  Diego (Min. 23)
6-3 Javi Río (Min. 33)
6-4 Fran Pastor (Min. 38)
6-5 Roi (Min. 39)