O VILALBA F.S. RECIBE AO ACTUAL CAMPIÓN

O sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Pazos de Borbén F.S. no encontro correspondente á oitava xornada de liga da Terceira División Nacional.

O Pazos de Borbén, que foi campión a pasada temporada, ven de golear como local ao C.P. Casás na última xornada e ocupa a terceira plaza na clasificación a tres puntos do líder.

O equipo vilalbés que está situado soamente a tres puntos do equipo pontevedrés, pretenderá refrendar a boa liña de xogo dos últimos partidos en Bueu e nos oitavos de final da Copa Galicia fronte ao Noia.

COMPARTIR