O sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao F.S.F. Villa de Cee no encontro correspondente á décima xornada de liga da Terceira División Nacional.
O F.S.F. Villa de Cee, equipo recién ascendido, ven de empatar a catro goles como local co C.P. Casás na última xornada e ocupa o duodécimo posto na clasificación con sete puntos.
O equipo vilalbés, que ocupa a oitava posición na clasificación con quince puntos, despois da derrota en Culleredo, intentará conseguir os tres puntos para non descolgarse dos equipos que ocupan as primeiras posicións.