O VILALBA F.S. RECIBE AO FILIAL DO SANTIAGO FUTSAL

Este sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Santiago Futsal “B” na xornada 18 de liga da Terceira División Nacional.

Despois da victoria acadada a pasada xornada a domicilio ante o C.D. Rececende o equipo vilalbés tratará de conseguir os tres puntos para seguir nos postos de privilexio da clasificación. Diante estará un rival perigoso que necesita unha victoria para saír dos postos de descenso.

Como sempre, agárdase unha boa entrada no Municipal de Vilalba e o apoio dos siareiros que este ano están disfrutando co xogo realizado polo seu equipo.