O VILALBA F.S. RECIBE AO LÍDER

O sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Sala Ourense no encontro correspondente á duodécima xornada de liga da Terceira División Nacional.

O Sala Ourense, que foi o campión da Copa de Terceira División na pasada temporada, soamente cedeu unha derrota e un empate no que vai de liga, polo que se presenta un partido moi complicado para o Vilalba F.S.

O equipo vilalbés que está situado soamente a tres puntos do segundo clasificado, pretenderá sorprender ao líder e recortar a distancia de sete puntos que ten de vantaxe o equipo ourensán.