O VILALBA F.S. RECIBE AO TERCEIRO CLASIFICADO

O sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao A Estrada Futsal no encontro correspondente á decimoquinta xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido preséntase moi complicado para o Vilalba F.S. xa que A Estrada é un gran equipo que ademáis de ocupar a terceira posición é o equipo máis goleador da categoría.

O equipo vilalbés que está situado soamente a tres puntos do equipo estradense e do segundo clasificado Talleres ABC, intentará conseguir a victoria para seguir loitando por achegarse aos primeiros postos da clasificación.

O Vilalba F.S. fai un chamamento aos seus siareiros para que acudan como ven sendo habitual a animar e disfrutar nun encontro que se antoxa moi igualado e que de acadar a victoria rematarían a primeira volta da competición nos primeiros postos.

COMPARTIR