O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. impúxose por 1 gol a 2 ao Rececende F.S., no partido que se celebrou na mañá do domingo no Pavillón Municipal de A Pontenova correspondente á decimosétima xornada de liga da Terceira División Nacional.
O partido comezou igualado e aínda que as mellores ocasións foron para o equipo vilalbés, a falta de dous minutos para rematar a primeira metade Catalín de cabeza puxo por diante ao Rececende F.S.
No primeiro minuto da segunda parte Fran Pastor conseguiu o empate e mediada a segunda metade Jose López, de tiro desde fóra da área axustado ao pao, puxo por diante aos chairegos. O equipo local que realizou un xogo brusco quedouse cun xogador menos durante 2 minutos que o equipo adestrado por Alfonso e Luis non aproveitou. Aínda así a victoria non perigou e incluso puido ser máis amplia de estar algo máis acertados de cara a portería.
Esta foi a terceira victoria da temporada do Vilalba F.S. ante o Rececende F.S. ao que parece terlle collida a medida, dúas veces na liga e unha na Copa Galicia.
C.D. RECECENDE F.S.
César, Solla, Catalín, Diego, Fariñas – cinco inicial – Alexandre, Marcos, Miguel e Cascudo.
VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Tucho, Freire, Martín, Paulo, Nuno e Antón.
GOLES:
0-1 Catalín. (Min. 18)
1-1 Fran Pastor. (Min. 21)
1-2 Jose López. (Min. 32)