O VILALBA F.S. SUMA OS TRES PRIMEIROS PUNTOS

O VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. impúxose por 3 goles a 2 ao RECECENDE F.S., acadando a primeira victoria da temporada, no partido que se celebrou na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante douscentos espectadores correspondente á segunda xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido comezou moi igualado con boas ocasións para os dous equipos, pero mediada a primeira metade Paulo cun disparo lonxano sorprendía ao porteiro e poñía por diante ao Vilalba F.S.

No primeiro minuto da segunda parte Freire conseguiu o segundo gol ao botar unha falta ao borde da área visitante.

A falta de cinco minutos o equipo de A Pontenova xogou co porteiro xogador e nunha falta de entendemento no cambio de porteiro, Asier lograba o terceiro gol que parecía definitivo. Foron varios minutos onde o equipo adestrado por Alfonso e Luis tivo ocasións clarísimas para sentenciar con varios tiros aos postes, pero faltando minuto e medio para o final o equipo visitante reducía diferencias e acto seguido marcaba o segundo gol faltando un minuto e dez segundos. De ahí ao final o Vilalba F.S. non sufriu máis ataques e incluso puido aumentar a ventaxa co tempo cumprido nun dobre penalti que errou Rubén Mouriz.

A destacar o gran ambiente na grada e na que os siareiros locais apoiaron ao equipo en todo momento disfrutando ao final dunha gran victoria.

VILALBA F.S.

Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Roi, Freire, Martín, Paulo, Nuno e Diego.

C.D. RECECENDE F.S.

Alexandre, Catalín, Paulo, Fariñas, Legaspi – cinco inicial – Xoel, Miguilla, Emanuel, Diego, Miguel e Cascudo

GOLES:

1-0 Paulo. (Min. 8)
2-0  Freire. (Min. 21)
3-0  Asier. (Min. 36)
3-1  Miguel. (Min. 38)
3-2  Catalín. (Min. 39)

COMPARTIR