O VILALBA F.S. VENCE AO ACTUAL CAMPIÓN

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. impúxose por 4 goles a 2 ao actual campión o Pazos de Borbén F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante trescentos espectadores, correspondente á oitava xornada de liga da Terceira División Nacional.

Nos prolegómenos do encontro o Vilalba F.S. agasallou a Ariana Núñez Seoane, Dama de Honra nas Festas de San Ramón e Santa María 2017 representando ao Vilalba F.S. e homenaxeou polo gran traballo realizado na súa etapa como Concelleiro de Cultura e Deportes do Excmo. Concello de Vilalba a José Antonio Pita Paz.

O primeiro tempo estivo moi igualado con ocasións para ambos equipos e no que o Pazos de Borbén adiantouse no marcador a dous minutos para o descanso.

Na segunda parte, o Vilalba F.S. volveu saír, como o martes pasado fronte ao Noia en partido de Copa Galicia, cunha presión e intensidade alta e conseguiu darlle a volta ao marcador e cargar con cinco faltas ao equipo rival. As ocasións foron moi boas para ampliar o marcador pero o equipo visitante logrou o empate cando faltaban 5 minutos para o final. Neses últimos minutos houbo moi boas accións para desnivelar o marcador pero a gran actuación dos porteiros facía que o marcador seguira co empate a dous goles ata que faltando dous minutos, nunha boa xogada, Paulo adiantaba ao equipo vilalbés. O Pazos de Borbén intentouno co porteiro xogador pero no último minuto Roi, nun lanzamento de dobre penalti sentenciaba.

A destacar de novo a gran actuación de todos os integrantes do Vilalba F.S. e do gran ambiente vivido nas gradas durante todo o encontro.

PAZOS DE BORBÉN F.S.
Jonatan, Jose, Luis, Breixo, Carlos – cinco inicial – Pablo, Sergio, Jonathan, Eloy, Guillermo, Alexis e Martín.

VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Asier, Fran Pastor, Nuno – cinco inicial – Prieto, Martín, Paulo, Diego, Freire, Roi e Antón.

GOLES:
0-1  Luis. (Min. 18)
1-1  Roi. (Min. 27)
2-1  Eloy (p.p). (Min. 29)
2-2  Jose. (Min. 35)
3-2  Paulo. (Min. 37)
4-2  Roi. (Min. 39)