O VILALBA F.S. VISITA AO CAMPITO F.S.

O domingo ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Chapela o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Campito F.S. na undécima xornada de liga da Terceira División Nacional.

Despois da victoria acadada a pasada xornada ante o F.S.F. Villa de Cee por 4-2, o equipo vilalbés tratará de conseguir a terceira victoria a domicilio para non descolgarse dos equipos da parte alta da clasificación. En fronte terán un rival, recién ascendido, que está a realizar unha boa campaña polo que os vilalbeses non deberán confiarse.

COMPARTIR