O VILALBA F.S. VISITA AO COLISTA

O sábado ás 16:45 horas no Pavillón “Paco Chao” de Carballiño o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao GRI Carballiño F.S. na decimocuarta xornada de liga da Terceira División Nacional.

Despois da victoria da pasada xornada con remontada incluída, o equipo vilalbés está coa moral alta e quere conseguir outra victoria a domicilio ante un equipo que aínda que se atopa na última posición, reforzouse moi ben nas últimas datas e  conseguiu un meritorio empate na anterior xornada ante o Ribeira F.S.

 

 

COMPARTIR