O VILALBA F.S. VISITA AO RIBEIRA F.S.

O sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo o Ribeira F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputarán o encontro correspondente á xornada 21 de liga da Terceira División Nacional.

O partido preséntase moi igualado xa que ambos equipos coñécense moi ben e están na parte alta da táboa clasificatoria. O equipo vilalbés pretende abrir máis distancia co quinto clasificado e aproveitar algún tropezo dos tres primeiros. Pola contra o equipo lucense parece que está perdendo fuelle nas últimas xornadas, está a 8 puntos e ven de empatar na pista do C.P. Casás a semana pasada.

 

 

 

COMPARTIR