#VILALBAQUEREFUTSAL

Coa creación de dous novos equipos filiais para os equipos senior feminino e masculino máis a continuación do xuvenil na liga galega o Grupo Forma-t Vilalba F.S. necesita máis que nunca o apoio de tod@s.

Por iso a directiva iniciou unha campaña de captación de socios para unha ilusionante tempada 2021-2022 na que se poderá disfrutar do futbol sala todas as semanas.

Para facerse soci@ hai varias canles: preferentemente a través da web oficial www.vilalbafs.es, contactando coa directiva, xogadores ou no Pavillón Municipal de Vilalba os días de partido.

Aposta ao verde e desfruta con nós!!!

Porque #VilalbaQuereFutsal