VISITA AO FILIAL DO SANTIAGO FUTSAL

Este sábado ás 17 horas no Pavillón do Restollal de Santiago de Compostela o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Santiago Futsal “B” na terceira xornada de liga da Terceira División Nacional.

Despois da victoria acadada a pasada xornada ante o C.D. Rececende o equipo vilalbés intentará conseguir os tres puntos para seguir escalando posicións na clasificación ante un rival que aínda non logrou puntuar nas dúas primeiras xornadas.

Os técnicos Alfonso e Luis dispoñen de todo o plantel, agás Tucho que se operou esta mañá da rotura do menisco da perna esquerda.