XORNADA EXITOSA PARA OS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Na última xornada os equipos senior feminino e masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. acadaron dúas victorias con sendas goleadas.

 

A xornada comezou o sábado cunha goleada do equipo masculino que venceu ao Pizarras Los Tres Cuñados por un contundente 2-7 con cinco goles de Dieguito e dous de Ismael. O equipo vilalbés sentenciou nos primeiros minutos da segunda parte despois de chegar ao descanso cun apretado 2-3.

 

O equipo femenino goleou 6-0 ao Vigo 2015 nun encontro celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba. Sin realizar un gran partido as vilalbesas impuxéronse con autoridade. Os goles foron obra de Paulita en tres ocasións, Antía, Sabela e Kayu.