XORNADA FINAL DO I CAMPUS VILALBA F.S.

O sábado foi a última xornada e a clausura do I Campus Vilalba F.S. que resultou ser un éxito rotundo.

Os rapaces disputaron as finais dos torneos organizados durante a semana e tamén houbo un partido entre pais e monitores do campus.

Finalmente fíxose un sorteo dos agasallos que trouxeron os xogadores invitados ao campus e dunha bicicleta donada por “Bar Tony”.

Para rematar no acto de clausura estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro, a concelleira Antía Rama e o presidente do Vilalba F.S. Alvaro Fraga.

O VILALBA F.S. agradece o excelente comportamento de todos os participantes do campus, o gran traballo realizado polos monitores, a boa predisposición de todos os xogadores invitados e a aportación de todos os colaboradores e do Excmo. Concello de Vilalba.