XORNADA SOLIDARIA COA AECC

A empresa vilalbesa Limpiezas García e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. agradecen a colaboración da xente que fixo a súa aportación solidaria na recollida de fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC). Esta iniciativa tivo lugar o sábado 21 no Pavillón Municipal de Vilalba durante o transcurso dos encontros que disputaron o Vilalba F.S. feminino fronte ao Cidade de Lugo F.S. e o Vilalba F.S. masculino fronte ao Ribeira F.S.

O importe recaudado na xornada foron 1000 € que serán destinados pola AECC á investigación do cancro de mama e do cancro infantil.

Ao final do encontro, Alvaro Fraga, presidente do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acompañado de Miguel Carral, xerente da empresa Limpiezas García fixeron entrega dos cartos recadados a Conchita Novo, membro da Xunta provincial en Lugo da Asociación Española contra o Cancro (AECC).

 

COMPARTIR