XORNADA SOLIDARIA COA AECC

O sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o Ribeira F.S. disputarán o encontro correspondente á sexta xornada de liga da Terceira División Nacional.

A empresa Limpiezas García e o Vilalba F.S. acordaron promover unha recollida de fondos para a Asociación Española contra o Cáncer (AECC). O donativo será de 5€ e todo o recaudado será para a AECC que repartirá ao 50% para a investigación do cáncer de mama e para o cáncer infantil.

No meramente deportivo o partido preséntase moi igualado como así o reflicte a clasificación, xa que ambos equipos están na metade da táboa separados por un punto. O equipo vilalbés pretende voltar á senda da victoria despois do tropezo da xornada pasada na pista do Santa Isabel de Outeiro de Rei e non descolgarse dos equipos que ocupan as primeiras prazas. Pola contra o Ribeira F.S. ven de gañar como local ao C.P. Casás na última xornada.

COMPARTIR