XUSTO EMPATE CO LÍDER

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e o Pazos de Borbén F.S. empataron a tres goles, no partido correspondente á novena xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Empate xusto nun bo partido no que calquera dos dous equipos se puido levar a victoria. Adiantouse o equipo vilalbés por mediación de Iván Gago pero pronto empatou o equipo visitante, aínda que no saque de centro, Diego Fente, en xogada persoal puxo o 2-1 no marcador co que se chegou ao descanso. Na segunda parte o Pazos de Borbén F.S. deulle a volta ao marcador pero Jose López noutra boa xogada estableceu o empate definitivo.

Gran espectáculo o ofrecido polos dous equipos que demostraron que ao final de tempada estarán na parte alta da clasificación.