O XUVENIL BUSCARÁ A TERCEIRA VICTORIA

O vindeiro domingo 3 de decembro ás 12 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á décima xornada da Liga Galega Xuvenil entre os equipos de Os Meigallos F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés que soamente leva 8 puntos, tratará de olvidar os malos resultados das últimas xornadas e conseguir a terceira victoria da temporada que o achegue aos postos medios da clasificación. Pola súa parte Os Meigallos de Sarria ocupa a quinta posición con 15 puntos.