O XUVENIL CAEU GOLEADO POLO LÍDER

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu goleado polo  Prone Lugo Adarve por 1 gol a 8 no encontro correspondente á duodécima xornada da Liga Galega Xuvenil no Pavillón Municipal de Vilalba.

O partido foi dominado polo líder da competición que puido marcar máis goles de non ser pola boa actuación na primeira parte do porteiro local, Iago. A falla de pegada dos xogadores vilalbeses fixo que soamente marcaran un gol, a pesar de ter moi boas ocasións para conseguir varios goles.

PRONE LUGO ADARVE
Bruno, Samuel, José Elías, Alberto, Andrés – cinco inicial – Jonas, Adrián, Míchel, Alejandro, Jorge, Daniel e Marcos.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Lage, Xosé, Diego, Brais – cinco inicial – Prieto, Antón, Alberto, Alberte, Alex Leiras, Hugo e Iker.

GOLES:
PRONE LUGO ADARVE
Míchel (2), Adrián (3), Daniel, Samuel e José Elías.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Xosé

COMPARTIR