O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., conseguiu unha goleada ante o Ribeira F.S. no partido correspondente á xornada 8 da Liga Galega Xuvenil disputado o pasado venres no Pavillón do “Palomar” de Lugo.
Partido igualado na primeira metade na que se chegou ao descanso cun resultado de empate a un gol. O segundo acto foi dominado completamente polo equipo vilalbés que acabou impoñéndose por un contundente 3-7.
Con esta victoria o equipo vilalbés continúa terceiro clasificado. O vindeiro venres ás 17:00 horas recibirá ao Concello de Begonte F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
