O XUVENIL RECIBE AO CONCELLO DE COLES

O vindeiro sábado 17 de decembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á decimoquinta xornada da Liga Galega Xuvenil entre os equipos Concello de Coles e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés que malia perder a pasada xornada na pista do segundo clasificado o Academia Red Blue 5 Coruña, deixou boas sensacións, tratará de conseguir unha victoria tras tres derrotas consecutivas.

COMPARTIR