O XUVENIL RECIBE AO E.D.C. VERÍN

O vindeiro sábado 20 de xaneiro ás 16 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á decimoterceira xornada da Liga Galega Xuvenil entre os equipos E.D.C. Verín e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, do que se agardaba moito máis a comezos de temporada, retoma a competición despois do parón navideño recibindo a un equipo que lle leva tres puntos de diferencia na clasificación e está situado na metade da táboa.