O XUVENIL RECIBE AO LÍDER

O vindeiro domingo 17 de decembro ás 18 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á duodécima xornada da Liga Galega Xuvenil entre os equipos Prone Lugo Adarve e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés que conseguiu unha goleada a domicilio a pasada xornada na pista de Pizarras Los Tres Cuñados, tratará de plantar cara ao líder da competición o Prone lugo Adarve que soamente cedeu un empate e unha derrota no que vai de competición.

COMPARTIR