O XUVENIL RECIBE AO SEGUNDO CLASIFICADO

Este domingo ás 12 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente xornada 18 da Liga Galega xuvenil entre o Pescados Rubén Burela F.S. “B” e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, que a xornada pasada perdeu na pista do GRI Carballiño F.S. por 5-3 nos últimos minutos e que está a facer unha irregular campaña, recibirá ao segundo clasificado que soamente perdeu dous encontros. Será unha oportunidade para que os xogadores que adestra “Llano” demostren que poden competir cos equipos punteiros da Liga Galega Xuvenil.

COMPARTIR