O XUVENIL RETOMA A COMPETICIÓN

O vindeiro domingo ás 18:00 horas no Pavillón “A Cañota” de Marín terá lugar o partido correspondente á sétima xornada da Liga Galega Xuvenil entre o Ancora D’Ouro F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Agárdase un partido complicado entre dous equipos que están na metade da clasificación separados por dous puntos de ventaxa para o equipo marinense, aínda que o Vilalba F.S. ten un partido menos que o seu rival ao descansar a xornada pasada.

COMPARTIR