O XUVENIL VISITA AO COLISTA

O vindeiro sábado ás 20 horas no Pavillón Municipal de “Os Remedios” (Anexo) terá lugar o partido correspondente á xornada 19 da Liga Galega Xuvenil entre os equipos Prolsport/Vivian e Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Será unha boa ocasión para que o equipo vilalbés olvide a derrota da semana pasada na casa co Burela e volva a senda da victoria aproveitando a situación do equipo ourensán, que soamente sumou tres puntos no que vai de competición e pecha a clasificación.

 

COMPARTIR