O XUVENIL VISITA AO SEGUNDO CLASIFICADO

O vindeiro sábado ás 16:15 horas no Pavillón Municipal do Barrio das Flores de A Coruña terá lugar o partido correspondente á decimocuarta xornada da Liga Galega Xuvenil entre o Academia Red Blue 5 Coruña e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo coruñés, segundo clasificado do campeonato soamente cosechou dúas derrotas fóra da casa e como local sumou todos os partidos por victorias incluso con varias goleadas de escándalo.

O equipo vilalbés, que soamente acadou un empate e unha vitoria a domicilio tentará dar a sorpresa, aínda que non será nada doado.